O RIBEIRO

A pedra sustitúe ó asfalto
 en rúas e prazas de Leiro

Vicepresidente Rueda en leiro
17-3-15
photo_camera Amando Martínez, Francisco Fernández, Alfonso Rueda y Rogelio Martínez.

O vicepresidente Alfonso Rueda visitou as obras acometidas na vila

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia da Orde de Infraestruturas de uso público para os pequenos concellos e os seus cidadáns, no transcurso dunha visita a Leiro, que recibiu 46.500 para o acondicionamento da praza Rei de Viana e a execución de beirarrúas en Bieite. Neste espacio público cambiouse o asfalto por un pavimento adoquinado, ó mesmo tempo que se implantou a dirección única de vehículos cara o casco histórico da localidade, suprimindo o doble sentido da circulación. Rueda estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martinez, e do alcalde da localidade, Francisco José Fernández Pérez. O vicepresidente declarou que esta praza executouse coas axudas que se destinan a pequenas actuacións en colaboración cos concellos, e que son para o acondicionamento de entornos urbanos, prazas ou espazos degradados, entre outros. Nese senso, apuntou que se conta ó ano para este fin con unha partida entre 1,5 e 2 millóns de euros. "Os concellos pequenos si non tiveran esas axudas non poderían facer este tipo de obras", puntualizou Rueda.

O alcalde de Leiro aproveitou a estancia do vicepresidente para interesarse por outras subvencións que están pendientes, como a adquisición de un vehículo todoterreno para a agrupación de Protección Civil que ten a Mancomunidade do Ribeiro, e que aglutina a doce voluntarios. Rueda confirmou esa dotación, tendo en conta que na actualidade únicamente se conta con un coche.

Do mismo xeito, o vicepresidente tamén se comprometeu a estudiar a solicitude que fixo o concello de 50.000 euros para facer melloras no paseo fluvial do río Avia. Segundo explicou o rexidor local, proxéctanse concretamente na entrada da pasarela co fin de sustituir o asfalto por adoquín de pedra.

Te puede interesar