Onte lembrouse a súa figura nunha emotiva homenaxe en Cenlle

Pen Clube editou a obra completa do poeta Alfaro

O Centro Pen Clube de escritores galegos, xunto con familiares, veciños e amigos rendiron onte unha emotiva homenaxe ó poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, natural das Chabolas, no Concello de Cenlle. A morte sorprendía ó escritor o 14 de marzo do 2008, cando formaba parte do xurado dun concurso literario organizado polo colexio da Garda, onde era profesor. O ano pasado, a homenaxe desenvolvíase na súa casa natal das Chabolas. Nesta ocasión, transcurridos dous anos do seu finamento, o acto tivo lugar no cementerio de San Sadurnín.
Primeiramente, celebrouse unha misa e a continuación foi o académico Xesús Alonso Montero, veciño e amigo persoal de Alfaro, o que se encargou de lembrar a súa figura. Según dixo, aínda que está considerado como o poeta do Ribeiro, o seu alcance e maior, porque a súa trascendencia é universal con independencia da lingua na que escribira. O profesor Alonso Montero sinalou que o poeta trascende a ferramenta que utiliza para escribir e tamén o su territorio.


RECITAL

O presidente do centro Pen Clube, Luis Tosar, tamén interviú e o fixo presentando dous tomos nos que se recolle a obra completa do homenaxeado. O escritor sinalou que 'a mellor homenaxe consiste en difundir a súa obra para que sexa coñecida e valorada'.

No acto literario non faltaron as alusións a Uxío Novoneira, o que Xosé Carlos Alfaro lle adicara un poema, que foi recitado onte, ademáis de outros recollidos na súa obra completa, editada por Pen Clube.

No acto estiveron presentes a súa viuda, Rosa Berta Alfaro, o seu fillo Daniel e a súa nai, Alicia Alfaro, que agradeceu as mostras de cariño ós asistentes.

Na emotiva homenaxe de lembranza do poeta do Ribeiro tampouco faltou a música, coa actuación de Leonardo Blanco, profesor do Conservatorio de Vigo, que interpretou varias pezas de violín.

Te puede interesar