BENESTAR SOCIAL

Plan de CxG de Ribadavia contra o corte de luz e gas

O principal obxectivo deste convenio é precisamente evitar que as familias en situación de vulnerabilidade non se vexan afectadas por cortes de subministración

O grupo municipal Compromiso por Galicia (CXG) de Ribadavia insta á Corporación a tomar o acordo para que a Concellería de Benestar Social ou o alcalde inicie conversas coa empresa subministradora de electricidade e gas co fin de asinar un convenio de colaboración para que en Ribadavia non se lle corte a luz nin o gas ás familias máis necesitadas, sendo o concello quen se faga cargo desas facturas.

O Concello de Lalín, gobernado por Compromiso por Galicia, e a empresa Gas Natural Fenosa asinaron, segundo apunta o portavoz deste grupo da oposición, Manuel Vázquez, un convenio de colaboración para coordinar o pago das axudas ás débedas xeradas por subministracións de luz e gas. O acordo supón que a compañía non suspenderá o servizo ás familias sen recursos. A administración local será a que asuma o abono destas facturas, unha vez que o departamento municipal de Benestar Social avalíe cada caso en particular.

O principal obxectivo deste convenio é precisamente evitar que as familias en situación de vulnerabilidade non se vexan afectadas por cortes de subministración ou que se lles repoña naqueles casos nos que xa se interrompese por falta de pagamento. O acordo especifica a eliminación da pobreza enerxética e a obrigatoriedade dun informe previo do concello naqueles casos nos que exista unha falta de pago. No convenio con Gas Natural Fenosa o departamento de Benestar Social avaliará as solicitudes.

Te puede interesar