PLENO

O pleno abordará varias modificacións no tráfico

Ribeiro en común repróchalle ao goberno municipal que presente as propostas sin un consenso previo

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia solicita que se reúna de novo a comisión correspondente antes do vindeiro pleno de xuño para consensuar os cambios na ordenanza de tráfico. Afirma que despois da xuntanza da comisión de tráfico na que participaron todos os grupos o pasado 26 de maio, e na que Ribeiro en Común presentou un documento con propostas, o grupo de goberno e o alcalde non responderon. 

Engade o portavoz, Brais Fidalgo, que o goberno municipal vai levar ao pleno dúas propostas para o cambio de regulamento sen un consenso previo.

O alcalde, Ignacio Gómez, acusa ao portavoz de Ribeiro en Común de "incumprir os acordos aos que se chegaron na reunión da comisión de tráfico". Asegura que neste pleno debatiranse dúas propostas, unha para dispor dunha parada de autobús diante do castelo só para a baixada de turistas, e a creación dunha zona azul con tempo limitado de aparcadoiro. 

Te puede interesar