Polémica en Ribadavia pola ventilación nos colexios

Ribeiro en Común reprocha ao concello que non instale un sistema que depurara o aire e o alcalde afirma que hai un protocolo

O grupo municipal Ribeiro en Común critica que nin o Concello de Ribadavia nin a Xunta fixeron nada para resolver o problema do frío nos colexios. "É inadmisible que no parón das vacacións non se fixera nada ao respecto. É indignante, a pesar de que o pleno municipal aprobou unha modificación orzamentaria dispoñendo unha partida para abordar este problema".

Nese sentido, asegura que "os nenos volverán a pasar frío nas aulas, xa que o goberno local incumpriu, unha vez máis, o acordado no pleno", insistiendo en que tampouco contactou coas ANPAS para coordinalas "nin lle ingresou a partida de 5.000 euros para o sistema de depuración do aire".

Engade este grupo da oposición que a Xunta e o Goberno local inicialmente negábanse á instalación dun sistema que depurara o aire, pero que "tras a reclamación de ANPAS e do noso grupo, o Concello comezou a ceder a súa posición de someterse ao criterio político da Xunta de negarse a estudar se quera esta posibilidade".

O alcalde, César Fernández, afirma que Educación ten un protocolo sobre a utilización de o medio de ventilación mecánica que consiste en que o centro educativo correspondente  o solicite á Xefatura territorial para estudar a súa viabilidade. "O Concello non pode implantar un medio mecánico que ao mellor non está homologado. Nós estamos traballando da man da comunidade educativa para atender as súas necesidades pero o da ventilación mecánica ten que estar avalado por un informe técnico".

Nese sentido, sinala que "nalgúns casos son desaconsellables e a Xunta insiste en que o medio máis efectivo é a ventilación natural". O Concello aprobou unha partida "por se a decisión é de compralo, estamos a súa disposición".

Te puede interesar