Portugal e España divulgan roteiros para atraer xudeos

Froito do convenio asinado entre as Redes de Xuderías de Portugal e España, e tras diferentes reunións nas que participou activamente Ribadavia, disenáronse diferentes roteiros para dar a coñecer o patrimonio histórico artístico e as xuderías das cidades españolas e portuguesas nas que dentro do ámbito galego participan Ribadavia e Monforte de Lemos.
As devanditas rutas, argalladas por turoperadores españois e portugueses, e nas que participou o técnico de turismo do concello de Ribadavia, queren atraer a turistas xudeus alén das nosas fronteiras, sobre todo de Israel, Estados Unidos, Arxentina,Brasil e México.

Os roteiros forman parte da oferta de El Corte Inglés, Veronia Tours e Alegretur para a viaxe promocional internacional na que participa a Red de Juderías entre os días 18 e 27 de novembro en Bos Aires, México D.F. e Sao Paulo.

Te puede interesar