concurso público

Os postos libres no mercado de Ribadavia sairán a subasta

A corporación municipal aprobou a elaboración dun plan integral para a limpeza do casco histórico da vila

 A proposta do grupo Ribeiro en Común para sacar a concurso público os postos vacantes na Praza de Abastos de Ribadavia foi aprobada coa abstención do equipo de goberno socialista, tras un tenso debate entre os portavoces das formacións políticas da oposición e o alcalde, Ignacio Gómez. O concelleiro de Ribeiro en Común, Brais Fidalgo, defendeu que "todo se  faga dentro da legalidade", e non abrindo unha lista de solicitudes, opción que xa impulsara o grupo de goberno socialista.

O rexedor criticou a postura de Fidalgo, ó lembrar que "nós xa abrimos unha quenda para que a xente interesada se presentase, e non houbo ningunha petición, pero convocaremos un concurso aberto coma vostede quere". Por outra banda, os grupos políticos tamén apoiaron o expediente de crédito promovido polo goberno municipal para a adquisición dun vehículo destinado ós servizos eleéctricos, por un montante de 6.000 euros.

A Corporación tamén deu o visto bó a outra proposta de Ribeiro en Común, orientada á posta en marcha dun programa integral de limpeza do casco urbán de Ribadavia, se ben o alcalde manifestou que xa existía un programa de mantemento para os contedores que foi elaborado polos técnicos da Deputación provincial.

Te puede interesar