Política

O PP de Castrelo aposta polas aldeas modelo

José González e Avelino Pazos durante a reunión.
photo_camera José González e Avelino Pazos durante a reunión.
Valoran a recuperación socioeconómica que promove e a limpeza dos pobos contra os incendios

O portavoz do PP en Castrelo de Miño, Avelino Pazos, mantivo unha reunión de traballo co conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, para transmitirlle a necesidade de que algúns dos núcleos de poboación deste municipio pasen a formar parte da iniciativa de aldeas modelos, que a Xunta de Galicia está a por en marcha.

Avelino Pazos presentou a proposta de adhesión ao proxecto de aldeas modelo no Concello de Castrelo de Miño, que foi rexeitada polo actual grupo de goberno. Ante esta negativa, o portavoz "popular"decidiu solicitar ao conselleiro de Medio Rural a súa presenza en Castrelo para informar sobre o proxecto ao alcalde e sobre "a necesidade de que Castrelo de Miño se integre dentro da iniciativa das aldeas modelo", sinala o concelleiro. Pazos valora a recuperación socioeconómica que promove e a limpeza dos pobos contra os incendios.

Te puede interesar