política local

O PP denuncia irregularidades en contratos de persoal en Melón

Segundo a concelleira do PP Cristina Francisco, "un dos chóferes seleccionados nunca levou un vehículo pesado, xa que hai máis dunha década que sacou o carné nun curso programado polo propio concello"

O grupo municipal do Partido Popular en Melón vén de cualificar de "irresponsabilidade" a contratación feita polo concello do persoal das brigadas do servizo de extinción de incendios, ó entender que estes traballadores carecen de experiencia na condución de vehículos pesados. 

A portavoz popular, Cristina Francisco, apunta que "debido a varias reclamacións dos veciños, vémonos na obriga de solicitar polo rexistro municipal copia de todo o proceso de selección de persoal para as brigadas de incendios e dos chóferes do camión de bombeiros".

Deste xeito, segundo a concelleira do PP, "un dos chóferes seleccionados nunca levou un vehículo pesado, xa que hai máis dunha década que sacou o carné nun curso programado polo propio concello". Cristina Francisco engade que "hai veciños con máis de 12 años de experiencia en conducir camións, e foron rexeitados para o posto que se ofertaba". 

Igualmente, sinala o Partido Popular que recibiron queixas   en relación ás brigadas de prevención e desbroces. Aseguran os "populares" que das 21 persoas convocadas polo Inem, o concello seleccionou a oito, "algunhas sen experiencia como brigada de incendios e que non superaron as probas físicas, quedando descartados os mellores, incluso algunhos con máis de 10 anos de experiencia como brigadista de incendios".

Te puede interesar