O PP pide unha campaña para dinamizar o comercio local

O Partido Popular de Ribadavia presenta unha moción ao pleno para solicitar ao goberno municipal que poña en marcha unha campaña de Bono Comercio para dinamizar o consumo. Os populares sinalan que este tipo de iniciativa púxose en marcha por primeira vez no Nadal do ano 2020, gobernando o PP, e asegura que “demostrouse a súa eficacia para dinamizar o consumo no comercio local, xa que foi unha iniciativa moi ben valorada tanto polos comerciantes como pola veciñanza en xeral”.

Nese sentido, os “populares” afirman que cando está a punto de rematar o ano “vemos como dende o Concello non se puxo en marcha ningunha campaña deste tipo e non podemos entender o porqué desta decisión do goberno municipal tendo en conta o éxito desta campaña nos anos anteriores”. 

Por iso, solicitan nesta moción que defenderán no pleno deste mes de decembro, que a Corporación municipal acorde iniciar unha campaña para dinamizar o consumo no comercio local, mediante o Bono Comercio, segundo sinala o portavoz do PP, César Fernández.

Te puede interesar