politica

O PP pide para Ribadavia unha residencia e un centro de día

O portavoz municipal, César Fernández, plantexou as súas demandas ante a conselleira Fabiola García

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia e deputado autonómico, César Fernández, reuniuse coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para trasladarlle as necesidades de Ribadavia en materia de novas infraestruturas asistenciais. O portavoz referiuse  a necesidade dunha nova residencia de maiores, moderna e adaptada á normativa vixente, así como a un centro de día, un servizo que a día de hoxe Ribadavia non ten.

Segundo César Fernández, "Ribadavia precisa dunha nova residencia, moderna, ben equipada e adaptada á normativa vixente, de tal xeito que se poida prestar aos usuarios un mellor servizo e que, ademais, se poidan recibir as axudas correspondentes á depedencia ao ter unha nova residencia adaptada aos criterios específicos que regulan estas axudas".

Fernández sinalou que "outra das cuestións tratadas coa conselleira de Política Social foi a necesidade de dotar a Ribadavia dun centro de día. Un servizo co que, a día de hoxe, Ribadavia non conta e que se fai moi necesario para un concello destas características".

Para César Fernández "a dotación destas novas infraestruturas asistenciais será prioritaria para o goberno municipal no caso de que, a partires do vindeiro 26 de maio, a veciñanza de Ribadavia decida depositar a súa confianza no noso proxecto político", sinalou o portavoz do Partido Popular despois da reunión coa conselleira.

Te puede interesar