MEJORAS

O PP reclama o arranxo dun dos accesos a Sampaio

uploaded_caminos
photo_camera Aspecto que presenta of irme do Camiño do Coto, na parroquia de Sampaio.

César Fernández reprocha ao goberno socialista o abandono do rural

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia insta ao goberno local socialista ao acondicionamento integral do Camiño do Coto en Sampaio. Con ese obxectivo, este grupo da oposición presentou unha solicitude no rexistro municipal, argumentando que a infraestrutura é o único acceso ás vivendas deste entorno e atópase nun estado lamentable, o que dificulta enormemente o acceso de vehículos ata esta zona.

Segundo o portavoz do grupo popular, César Fernández, “atopámonos ante un novo episodio do permanente abandono ao que o goberno socialista ten sometido a moitas localidades do rural de Ribadavia". Así, refírese a un abandono que demostra ben as claras que o medio rural non é unha prioridade para o alcalde, Ignacio Gómez, "máis ben todo o contrario, parece que para o alcalde a veciñanza do rural non ten dereito a disfrutar de infraestruturas e servizos públicos de calidade.” César Fernández tamén salientou que “en pleno século XXI faise difícil de comprender que en concellos como o de Ribadavia, que non son moi grandes en extensión, existan veciños que non conten con infraestruturas minimamente decentes para acceder ás súas vivendas".

Ignacio Gómez afirma que xa mantuvo unha reunión cos veciños afectados e que o Concello intentará incluir o acondicionamento deste acceso nun plan de arranxo de 10 camiños que se levará a cabo en colaboración coa Deputación, e que serán os que están en peores condicións nas distintas parroquias. De non poder ser, farase nunha próxima anualidade ou no plan Marco da Xunta. 

Te puede interesar