O PP reclama arranxos no saneamento da vila ribadaviense

O Partido Popular de Ribadavia manifestou o seu malestar porque que a pesar de pedirlle ó grupo de goberno en reiteradas ocasións, según afirman os seus responsabeis, que inste á empresa Aqualia (concesionaria do abastecemento e saneamento) a inmediata reposición das beirarrúas da rúa Muñoz Calero, 'estas actuacións seguen sen levarse a cabo', matizaron os populares.
Ademais, afirma este grupo da oposición que 'esta non é a única actuación que vimos demandando da empresa Aqualia, pois tamén segue sen repararse o pozo de bombeo sito en Esposende, que continúa a provocar verquidos, e a rede de sumidoiros en Francelos, que desborda cada vez que chove'. O PP engade que 'esperamos tamén que o grupo de goberno nos proporcione unha copia do contrato con esta empresa concesionaria, copia que foi solicitada mediante un escrito'.

Te puede interesar