IMPUESTOS

O PP reclama unha rebaixa do 8,24% na tasa de recollida de lixo

A rebaixa baséase na bonificación do 10% de Sogama, que non aplicará se non repercute nos recibos dos veciños

O grupo municipaldo PP do Carballiño presenta 27 alegacións ás tasas municipais do 2020, entre as que destaca a referida á recollida de lixo en tódolos seus conceptos, onde se pasa da proposta aprobada inicialmente polo PSOE cun incremento do 0,03% a unha rebaixa do 8,24%, solicitada polo grupo "popular".

Esta rebaixa está motivada na bonificación do 10% que Sogama fai no custo do seu servizo aos concellos que a repercutan nos recibos dos usuarios.

"Sogama bonifica sempre que o concello aplique o desconto polo que se non hai desconto no recibo para os veciños, tampouco se produciría a bonificación", puntualiza o PP.

Por ese motivo considera que "é inconcebible" que a proposta non partise do goberno municipal, pois "a súa non aplicación só beneficia a Sogama".

Para a bonificación, o concello debe de rebaixar a porcentaxe do 4,12% que é a repercusión do custo de Sogama no servizo para o ano 2020, máis outro 4,12% adicional, correspondente ao ano 2019.

Te puede interesar