ACORDO

O PP de Ribadavia insta ao Concello a ceder un local ás asociacións

Esta cesión é posible grazas ao convenio que veñen de asinar o Consello Regulador e a Consellería do Medio Rural

O grupo municipal do PP de Ribadavia presentou unha moción para instar ao goberno municipal socialista a iniciar, de xeito inmediato, as actuacións necesarias para poñer a disposición das asociacións, con domicilio en Ribadavia, o inmoble de titularidade municipal situado na rúa Salgado Moscoso número 6, que servía de sede ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

Esta cesión é posible grazas ao convenio que veñen de asinar o Consello Regulador e a Consellería do Medio Rural para a cesión de parte da actual Oficina Agraria Comarcal como sede permanente do consello regulador. Segundo o portavoz do PP, César Fernández, “estamos ante unha gran oportunidade de dotar ás asociacións dun local acorde ás súas necesidades e que lles permita desenvolver a súa labor cotiá, reunirse e desenvolver actividades relacionadas cos seus fins sociais.” 

Te puede interesar