O PP solicita a adhesión do Concello á rede de dinamización

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia presentou na mañá de onte unha moción, para ser debatida no pleno do mes de xullo, co gallo de instar á alcaldía a levar a cabo os trámites administrativos precisos para a inclusión do Concello na Rede de Dinamización Lingüística, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Os concelleiros do PP lembran que esta rede é unha asociación voluntaria que busca congregar ás entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local, e que está vencellada ó citado departamento da Consellería de Cultura e Educación.

O grupo 'popular' da Corporación ribadaviense suliña que 'os obxectivos da rede son os de promover a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e de aumentar a efectividade das mesmas desde o ámbito local', e por iso piden ó equipo de goberno que aprobe a proposta.

Te puede interesar