política local

O PP solicita reforzos na antiga ponte da Veronza

<p></p>
photo_camera Aspecto da ponte medieval da Veronza, actualmente en ruinas.

O Concello tramita na actualidade a autorización de Patrimonio para restaurar esta ponte.

O grupo municipal do Partido Popular vén de propoñer á Corporación de Ribadavia a toma de medidas para reforzar a ponte medieval da Veronza, que foi parcialmente derrubada por un temporal de choiva e vento no mes de decembro do ano pasado. Segundo o voceiro do PP, César Fernández, "con esta moción pretendemos que o goberno municipal acometa unha actuación preventiva para asegurar a ponte e o seu entorno, xa que coa chegada do inverno poden volver a aparecer borrascas". O representante dos populares sinalou que "independentemente de que se pretenda levar a cabo unha obra máis ambiciosa de reparación da ponte, nós consideramos imprescindible actuar agora para reforzar esta estrutura".

O PP ribadaviense manifesta, do mesmo xeito, que "meternos no inverno sen asegurar e reforzar a ponte e o seu entorno pode provocar que os aumentos de caudal no río acaben por provocar un deterioro irreparable na estructura". O Concello tramita na actualidade a autorización de Patrimonio para restaurar esta ponte.

Te puede interesar