POLÍTICA LOCAL

“A praia fluvial de Leiro está en boas condicións", afirma o alcalde

O propio Francisco José Fernández visitou no mediodía de este xoves a zona

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, asegura non comprender as manifestacións do voceiro do PSOE na Corporación, Manuel Rodríguez, sobre a existencia de "socavóns considerables e perigosos" en el arenal de acceso a la playa fluvial de la localidad. O edil socialista, ó traverso dunha nota de prensa, advertía onte desta situación, tendo en conta o gran número de visitantes que a diario se achegan a esta paraxe natural do río Avia.

O propio Francisco José Fernández visitou no mediodía de onte a zona, "e puiden comprobar que alí non hai tales socavóns, só buracos dos que fan os cativos xogando coas súas palas na area", segundo comentou. O rexedor de Leiro engadiu que "unha vez máis, non entendo o que quere este señor (en alusión a Rodríguez) porque toda a xente que acude á praia fluvial felicítanos polo seu óptimo estado".

Te puede interesar