A Praza de Abastos de Ribadavia ten 12 postos aínda dispoñibles

O Concello  de Ribadavia vén de aprobar a oferta pública de un total de 12 postos na céntrica Praza de Abastos, situada na Rúa Progreso. "O noso interese máximo é o de aumentar o número de postos en funcionamento,  garantindo a súa vez que continúe coa excelente prestación do servizo aos veciños que supón a nosa Praza de Abastos", sinalan os responsables municipais.

Segundo engaden, hai unha persoa que polo menos está interesada en ocupar dous destes lugares e a intención do Concello consiste en adxudicar o maior número posible para "dinamizar o mercado e dar a oportunidade a que novos emprendedores e proxectos conten con un espazo".

As ofertas poderán presentarse no rexistro do Concello de Ribadavia, en horario de atención ao público, dentro do prazo de 15 días desde a súa publicación.

Os postos ofertados son doce, distribuidos entre a planta baixa e o semisótano. A forma de adxudicación da concesión será o procedemento aberto, no que todo interesado poderá presentar unha proposición.

Desde o Concello queren ofrecer este espazo céntrico e referencial no comercio local, e as autoridades municipais consideran que "é unha boa oportunidade para  emprender un novo negocio". 

Nese sentido, engaden que "ademais de fixarnos como obxectivo que novos negocios se instalen na Praza de Abastos, desde o Concello temos a intención de proceder a realizar pequenas melloras de cara a súa dinamización e a dos propios postos do mercado".

Te puede interesar