Precata oficial dos catro mellores viños do Ribeiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro desenvolveu onte a precata para elixir entre os 60 viños presentados os mellores da colleita 2019 en brancos e de 2018-2019 en tintos.

O acto tivo lugar nun amplo salón do Hotel Laias Caldaria. Juan Manuel Casares, presidente do Consello Regulador, declara que "con esta precata damos o pistoletazo de saída dos Premios D.O. Ribeiro, que se as circunstancias non cambian, entregaremos nun acto mixto, presencial e online, tanto aos mellores viños da D.O. como ás personalidades do mundo do viño e ás mellores iniciativas profesionais a mediados do vindeiro mes", sinalou.

Na cata de onte, que se realizou a cegas, seleccionáronse seis viños en cada unha das catro categorías existentes (viños brancos e tintos de colleiteiro e viños brancos e tintos de adegas). Destas marcas elixiranse os gañadores, un único premio por categoría, a vindeira semana nunha cata final. As mostras presentadas á Cata Oficial dos Viños da D.O. Ribeiro foron recollidas no pasado mes de outubro.

Te puede interesar