A MIT ribadaviense presentou a publicación do traballo de Manuel Lourenzo, gañador no 2010

O Premio Abrente achega os textos teatrais ós cidadáns

Anxo Collarte, Anxo Lorenzo, Marcos Blanco, Manuel Lourenzo e Roberto Pascual. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
A organización da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia comezou onte a súa andaina coa presentación das bases da sexta edición do 'Premio Abrente de Textos Teatrais'. O director do evento teatral, Roberto Pascual, estivo acompañado polo alcalde do municipio, Marcos Blanco; o concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.
Este ano, a dotación económica mantense en 3.000 euros, fixándose o 1 de xullo como data límite de envío de orixinais, mentres o fallo do xurado será feito público o 23 do mesmo mes, coincindo coa clausura da Mostra, que comezará oito días antes. No acto desenvolto no Centro Comarcal do Ribeiro tamén participou o dramaturgo Manuel Lourenzo, co gallo da publicación de 'Aquelas cousas do verán', traballo gañador na edición de 2010..

Roberto Pascual destacou que 'coa edición destes textos, o noso obxectivo é a difusión do teatro entre a cidadanía en xeral cunha explicación prologada do seu contido, para que non se reduza o coñecemento da dramaturxia ós especialistas no tema'. Pola súa banda, Anxo Lorenzo apuntou que 'a Mostra de Teatro e o Premio Abrente son dúas realidades que fan de Ribadavia a capital do teatro galego'.

Te puede interesar