O RIBEIRO

Premio internacional para o plan de Castrelo no río Miño

Catrelo de Miño
photo_camera O alcalde Xurxo Rodríguez Méndez explicando no Concello o premio da revista Build.

O proxecto abarca o turismo, deporte, aspectos medioambientais, económicos e patrimoniais

A revista británica Build, na quinta edición dos premios anuais de arquitectura que organiza otorgou o galardón ao Plan Integral de desenvolvemento da marxe esqueda do río Miño promovido polo Concello de Castrelo de Miño na categoría de mellor proxecto de planificación urbana e paisaxismo. O panel do xurado, que recibiu proxectos de todas as partes do mundo, levou a cabo un proceso de investigación e evaluación para emitir o seu veredicto. Ademais de ser unha das plataformas de arquitectura máis visitadas online, Build Magazine distribúese entre máis de 100.000 lectores especializados do mundo da arquitectura en todo o mundo.

O Concello de Castrelo de Miño leva 10 anos realizando distintos investimentos no parque náutico e máis nas beiras do río Miño ao longo de todo o término municipal: pista olímpica de remo, embarcadoiros boiantes, paseos fluviais, zonas de pesca e áreas termais, entroutras intervencións.

Así mesmo, o goberno municipal ten presentados varios proxectos ante distintas administracións solicitando axudas para a súa realización. En moitos dos casos, con xestións de varios anos de tramitación debido aos permisos sectoriais que teñen que emitir, significativamente á Confederación Hidrográfica do Miño–Sil. Estes proxectos redactados e presentados teñen que ver co aproveitamento termal das augas de Santa María, a creación dun parque acuático, zona de atraque de embarcacións, área de autocaravanas, zona de uso hoteleiro e unha nova nave de embarcacións.

A magnitude destes traballos é a necesidade de ordenar todos os recursos, levou ao goberno municipal a encargar en 2018 a realización dun Plan integral de desenvolvemento da marxe esquerda do encoro de Castrelo de Miño á empresa ourensán "Muiños, Otero, López Arquitectura" co obxectivo de realizar un diagnóstico estratéxico que permita o desenvolvemento dun conxunto de directrices e accións que fomenten a dinamización de todo o Concello.  

Para iso, o traballo centrouse en catro aspectos fundamentais: o turismo e o deporte, como principais elementos dinamizadores da actividade económica, enfocados na  súa variante máis sostible; a cultura e o patrimonio, como elemento característico e xerador dunha identidade propia de Castrelo de Miño; a socioeconomía, reflectindo a dimensión social e como  esta  se atopa vencellada ao territorio; e  o medio ambiente, como factor diferencial, recurso patrimonial, paisaxístico e económico.

Te puede interesar