Os primeiros auxilios están ó alcance de todos os veciños

A Cruz Vermella de O Ribeiro organiza un curso de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral. As clases teóricas e prácticas impartiranse entre o 8 do próximo mes de outubro e o día 5 de novembro.
Para o seu desenrolo, Cruz Vermella elexiu as dependencias da Casa da Cultura de Ribadavia, que acollerán ós asistentes de 9 a 13 horas, e de 15 a 19 horas, durante cinco sábados, a fin de non entorpecer a actividade laboral das persoas interesadas.

Co slogan 'Ti podes salvar unha vida', a organización anima ós veciños a participar, o mesmo tempo que informa que este curso dará acceso o de socorrismo acuático e o de transporte sanitario, polo que pode ser un primeiro paso cara unha posible salida laboral.
Os interesados en anotarse deberán dirixirse á Cruz Vermella do Ribeiro ou chamar por teléfono ós números 988477186 e 647334563.

O curso forma parte do programa de actividades anual que desenvolve a Cruz Vermella, contando coa participación de numerosos voluntarios, ademais de impartir cursos a súa laboura tamén se centra durante unha boa parte do ano no apoio ás persoas maiores e o colectivo de discapacitados, organizando diversas actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e posibilitar un traballo.

Te puede interesar