Proensa e Peñín destacan os viños do Ribeiro nas súas guías

A Guía Proensa de los mejores vinos de España 2013 destaca un total de 14 viños da Denominación de Orixe Ribeiro cunha puntuación de máis de 90 puntos sobre 100. Pola súa banda, na Guía Peñín de los vinos de España 2013, aparecen relacionados un total de 92 viños do Ribeiro, os cales logran unha media de puntuación de 90 sobre 100.
A Denominación de Orixe Ribeiro segue colleitando recoñecementos nacionais e críticas positivas en torno aos seus viños sobre todo brancos, aínda que tamén se sinala a importancia dos tintos, nesta ocasión da man das guías máis consultadas tanto por profesionais como por afeccionados en España, a Guía Peñín e Guía Proensa, avaladas pola experiencia dos recoñecidos prescriptores José Peñín e Andrés Proensa.

Te puede interesar