O programa dos Espazos Sonoros inclúe un roteiro por Ribadavia

O peirao de Porto Corbeira, a igrexa de San Xés,  Valparaíso e as pozas naturais do río Brull son algúns dos atractivos da andaina.

A programación do festival Espazos Sonoros, que promove a Consellería de Cultura, chega a Ribadavia cun concerto que ofrecerá o grupo Tres Pesos, o sábado, día 10, no Museo Etnolóxico, nunha actuación de balde e de entrada libre ata completar a capacidade.

O trío integrado por Felisa Segade, Xosé Antón Ferreira e Estevo Lamas actuará ás sete da tarde, presentando o seu primeiro traballo, "Acta fundacional". Dende alí, partirá previamente, ás tres da tarde, un roteiro fluvial a Francelos, no que as persoas inscritas terán ocasión de percorrer unha paraxe de gran riqueza etnolóxica, natural e paisaxística, que transcorrerá pola beira do río Avia e por un tramo do antigo Camiño Real que unía Ribadavia con Tui. O peirao de Porto Corbeira, a igrexa de San Xés,  Valparaíso e as pozas naturais do río Brull son algúns dos atractivos da andaina.

Te puede interesar