cultura

A programación cultural de Ribadavia inclúe cine e literatura

As actividades terán lugar no Museo Etnolóxico, na Casa da Cultura e na Igrexa da Madalena.

O programa cultural para este mes de outubro en Ribadavia contempla actividades de cine, literatura infantil, xadrez e contacontos, que se desenvolverán no Museo Etnolóxico, na Casa da Cultura e na Igrexa da Madalena. Deste xeito, o museo acollerá tódolos venres (días 4, 11, 18 e 25), dende as 20,30 horas, o ciclo de cinema Clásicos de Terror, coas proxeccións respectivas das películas "La semilla del diablo", "El exorcista", "La matanza de Texas" e "Carrie", con entrada libre.

Os cativos poderán asistir, o sábado día 5, ás 18,00 horas, a unha sesión de teatro no auditorio da Casa da Cultura, onde a compañía Talía Teatro representará a obra "Rosa caramelo e outras historias". O venres 11, haberá pola mañá unha sesión de contacontos, "Rosalía por igual", a cargo de Tarabelos, que estará aberta ós nenos dos colexios do municipio.

O Museo Sefarad da vila acollerá, o venres 18 de outubro, dende as 20,00 horas, a presentación do conto "Lola, Amparo e Xulia, as irmáns Touza", do que é autora Alexandra Touza, tamén con entrada libre para o público en xeral.

Te puede interesar