O RIBEIRO

O PSdeG critica que non hai plenos ordinarios en Beade

Miguel Ángel Carreiro Beade
photo_camera Miguel Ángel Carreiro dirixíndose ao alcalde, Senén Pousa.

Os socialistas aseguran que “este concello ven dexenerando nun deterioro que o converteu nunha illa do sistema democrático”

Os socialistas de Beade afirman que hai máis dun ano que o alcade, Senén Pousa, non celebra plenos municipais e nunha sesión extraordinaria convocada recentemente non puido aprobar os orzamentos do 2019 porque faltaron dous concelleiros do PP e non se acadou quórum. O grupo municipal do PSdeG considera que a actitude "absolutista" do rexidor está perxudicando os intereses dos veciños, "e pisoteando as leis demócratas aprobadas pola maioría do Congreso e o Senado", sinala o portavoz, Miguel Ángel Carreiro.

Os socialistas aseguran que “este concello ven dexenerando nun deterioro que o converteu nunha illa do sistema democrático” no que “o alcalde do PP, ademais de manter símbolos da ditadura incumprindo pasmosamente a lei a propósito e gabándose delo, tamén impón un funcionamento municipal propio dun sistema persoalista e absolutista no que non se cumpren nin as mínimas normas legais de funcionamento orgánico, nin os dereitos da pluralidade de membros da corporación”. Engaden que durante o presente mandato apenas se convocaron plenos a pesar da obriga legal de convocalos en sesión ordinaria. “Os concelleiros non podemos exercer a función de control ou formular preguntas e propostas, porque hai máis dun ano que non hai pleno ordinario".

O alcalde de Beade, Senén Pousa, asume que foi un erro seu a falta de quórum, ao convocar o pleno para as 18,00 horas, polo que non puideron asistir os concelleiros. Anunciou que se convocará na próxima  semana.

Te puede interesar