O PSdeG de Leiro reclama obras para mellorar 5 rúas

O PSdeG-PSOE de Leiro levará ao pleno municipal do próximo luns un plan integral para a humanización e arranxo de diferentes rúas do municipio que se atopan en “mal estado”, segundo apuntan.

Así, instan ao Concello a actuar na rúa Regueira; na rúa Rei de Viana dende a igrexa ata o cruce da rúa Estévez Carrera; na rúa Casanova, dende o cruce coa rúa Regueira ata o cruce da estrada provincial OU-0307; na rúa San Roque e no camiño de Fornelos. 

Dende o grupo municipal socialista explican que a necesidade de actuación nestas rúas “é urxente”. No relativo a rúa Regueira, o portavoz, Manuel Rodríguez, apunta que “é necesario un arranxo integral, que remate co deterioro e que solucione as anomalías e carencias que presenta a rúa, especialmente no referido ao ancho, xa que apenas dan circulado dous vehículos”.

Te puede interesar