O PSdeG pide unha reunión cos sindicatos, en Ribadavia

"É indignante que non se nos deixe facer o traballo aos grupos da oposición e que o alcalde negue unha reunión cos representantes sindicais ou tente demorala o máximo posible para boicotearnos”, apunta o PSOE

O PSdeG-PSOE de Ribadavia califica de "oscurantismo" o comportamento do alcalde e o seu grupo de goberno do Partido Popular, por negarse a concederlles unha reunión con representantes sindicais para tratar temas laborais de vital importancia para o municipio.

Os socialistas presentaron con data 9 de outubro un escrito formal ó alcalde, César Fernández Gil, no que lle solicitaban, con tempo e forma suficientes, unha reunión con representantes sindicais. "É indignante que non se nos deixe facer o traballo aos grupos da oposición e que o alcalde negue unha reunión cos representantes sindicais ou tente demorala o máximo posible para boicotearnos”, apunta o portavoz do grupo municipal do PSdeG, Nacho Gómez.

Te puede interesar