Política

O PSOE alerta da perda da traballadora social

Dende o Sergas negan a acusación e afirman que se cubrirá a praza unha vez quede vacante

Os socialistas de Ribadavia alertan de que o centro sanitario perderá a finais de agosto a traballadora social e que Sanidade "non pretende repoñer a praza, tras a xubilación desta profesional sanitaria". Segundo afirman "temos información de que o código desta praza xa non aparece no concurso de traslados", polo que subliñan que "vaise amortizar a praza" e que "cubrirase utilizando ao persoal comodín, que terá que atender as consultas en Carballiño e Ribadavia". O portavoz, Ignacio Gómez, critica ao alcalde ao que acusa de ser "cómplice do PP e non dos veciños, permitindo que se pechen colexios, se retiren servizos e que só reacciona cando o PSOE ou o resto de grupos da oposición alertan sobre cuestións prioritarias para a cidadanía". 

Noelia Rodríguez, responsable no anterior mandato dos servizos sociais, recorda que "o centro de saúde atente a 16.000 veciños".

Fontes do Sergas négano e afirman que se cubrirá a plaza unha vez quede vacante.

Te puede interesar