Provincia

O PSOE alerta do perigo polo xeo nas estradas de Leiro

O vehículo atascado en Cubilledo.
photo_camera O vehículo atascado en Cubilledo.
O alcalde afirma que xa se botou sal en todas as vías de responsabilidade municipal nas que había xeo

A agrupación socialista de Leiro alerta da situación de perigo a consecuencia das xeadas destes días no lugar de Cubilledo (Gomariz), segundo indican debido a unha imponente praca de xeo que provocou "que na noite do pasado mércores un vehículo de venda ambulante quedara atascado". Foron os socialistas que visitaban o lugar os que avisaron ao 112 para que viñeran a socorrer ao conductor, aínda que finalmente con axuda dos veciños "xa non foi necesaria a intervención do servizo do 112". 

Esta agrupación afirma que "todo se produce pola deixadez de funcións do alcalde de Leiro, xa que foi advertido de que podía pasar esta situación no pasado mes de outubro".

En consecuencia, piden a través dun escrito presentado no rexistro municipal que se tomen "medidas urxentes" en todo o Concello tanto en estradas municipais como en rúas do casco urbán, tal e como reclamara o portavoz do PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, asegurou que o Concello procedeu a botar sal nas mañás do martes e mércores pasados en todas aquelas estradas onde había xeo, "pero volveuse a formar e tampouco tíñamos coñecemento de todas as zonas". O rexedor declarou que se fixera falta volveríase a utilizar, aínda que confía nas previsións de subida das temperaturas.

Te puede interesar