O PSOE asegura que Baltar Blanco ‘non se enterou’ do proceso do Balneario de Berán

A deputada María Quintas, do PSOE, calificou de ‘falta de respeto’ as manifestacións do ‘popular’ José Manuel Baltar, que criticou a postura dos socialistas polo retraso na adxudicación do Balneario de Berán. A parlamentaria lembra que ‘nós defendimos que a legalidade debía primar no proceso’.

María Quintas, deputada do PSOE por Ourense no Parlamento galego, saliu onte ó paso da intervención do vicepresidente da institución, José Manuel Baltar Blanco, na que censuraba as ausencias do vocal socialista na Entidade Menor Local de Berán, Tomás Lorenzo, que supuxeron un retraso de ano e medio para a adxudicación do balneario da localidade. A parlamentaria ourensá sinalou que, ‘unha vez rematado o balneario, facíase imposible firmar un convenio, xa que nós esiximos sempre a legalidade das obras’.

María Quintas cita, entre outros aspectos, ‘que os veciños de Berán se beneficiasen das instalacións, que os perímetros de protección das augas estivesen establecidos, e que a obra dispuxese dun acceso, tendo en conta que os terreos non estaban cedidos e un particular presentou unha reclamación de titularidad ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cunha sentencia que lle foi favorable’.

Unanimidade A deputada socialista asegura que ‘quedamos estupefactos ante o momento elexido por Baltar Blanco para intervir no Parlamento, o día 24 de xuño, xa que debería saber que o día 17 houbo unanimidade na Entidade de Berán para aprobar as bases do concurso de explotación do balneario, é dicir, ou minte ou non se entera’.

Te puede interesar