O PSOE de Castrelo entregará as dietas percibidas nos plenos á hostelería

Dende o PSOE animan ao resto de concelleiros a sumarse á iniciativa e colaborar coa hostelería da localidade

A hostelería é un dos sectores máis afectados pola pandemia do covid e polas restriccións actuais. Por iso, dende o PSOE de Castrelo de Miño anunciaron que entregarán o importe percibido pola única concelleira socialista por asistir aos plenos aos establecementos hostelerios do concello. O importe, de100 euros por asistencia, repartirase de forma proporcional entre os seis establecementos da localidade. O aporte económico incluirá as dietas percibidas dende xuño de 2020 á actualidade.

Explican dende o partido que o abono desas cantidades está en estado de tramitación e que no momento no que se fagan efectivas, entregaranse presencialmente aos negocios hosteleiros. Dende o PSOE sinalan que se trata dunha aportación insuficiente para axudar a este sector, mais sumamente necesaria. Por iso, animan ao resto de concelleiros a sumarse á iniciativa.

Te puede interesar