política

O PSOE critica o retraso no estadio de Ribadavia

O voceiro socialista suliña que a demora nas obras do Xestal están a causar un gran prexuício ós clubes deportivos

O grupo municipal do PSOE de Ribadavia reclámalle o alcalde que "deixe de agocharse e dea a cara" ante os retrasos e parálises que están a vivir as obras do campo de fútbol do Xestal, que foron adxudicadas o 14 de marzo pero que non comezaron ata o verán, según os socialistas. O voceiro desta formación política, Ignacio Gómez, lembra que a obra leva máis dun mes de retraso, cando o alcalde prometeu o 23 de agosto que estaría lista en 15 días".

Dende o grupo municipal socialista consideran "unha tomadura de pelo e unha falta de respeto total cara a alternativa de goberno de Ribadavia as respostas dadas sobre este retraso, nas que se nos di que é unha obra contratada pola Deputación e que por tanto nos dirixamos a ela". Ó respecto, Ignacio Gómez asegura que "non é de recibo que o Concello de Ribadavia, que cofinanciou a obra con 100.000 euros e que é titular do campo de fútbol, nos diga que nos dirixamos a Deputación".

Para o PSOE ribadaviense "a realidade é que as obras do campo de fútbol seguen sen rematarse, o cal está a causar un gran prexuízo ós clubes deportivos, xa que non dispoñen do estadio para poder adestrar e disputar os seus encontros". Ignacio Gómez conclúe que "Ribadavia precisa dun proxecto de goberno".

Te puede interesar