La Región

O RIBEIRO

O PSOE desexa que o PP negocie os orzamentos de Ribadavia

Os socialistas de Ribadavia opinan que o plan de mellora de infraestructuras do rural xa debería estar en marcha

O PSOE desexa que o PP negocie os orzamentos de Ribadavia

O grupo municipal do PSOE de Ribadavia está "á espera" de que o alcalde, César Fernández,do PP, leve a cabo unha negociación dos orzamentos do Concello co resto das formacións políticas da Corporación, unha vez que éstas xa dispoñen dun borrador coas partidas económicas previstas para o presente ano. "Non entendemos a actitude do alcalde, xa que estando en minoría non trata de achegarse a nós para coñecer cal é a nosa postura sobre os orzamentos", apunta o voceiro socialista, Ignacio Gómez.

O concelleiro do PSOE lembra que, cando gobernaban en Ribadavia, "nós sempre tiñamos unha rolda de consultas co resto dos grupos políticas, co obxectivo de acadar un posible consenso nos orzamentos". Ignacio Gómez apunta que "parécenos moi ben, xa que é o lóxico, que actual goberno municipal asuma a aportación do 20% ós proxectos que deixamos comprometidos, xa que estamos a faltar duns 300.000 euros totais en investimentos".

Pero o voceiro do PSOE matiza que "á maiores, hai unha serie temas que son negociables, como o plan de mellora de infraestructuras do rural, que xa debería estar en marcha, ou o remate das beirarrúas en Francelos, e que o equipo de goberno do Concello debería ter en conta". Neste sentido, os socialistas afirman que "o alcalde non pode dar por feito que vai ter o noso apoio, primeiro terá que chamarnos para debatir sobre os posibles investimentos".