O RIBEIRO

O PSOE entende que a Festa da Vendima de Leiro pode mellorar

Este grupo político desexa unha xuntanza de todos os sectores implicados a fin de analizar os fallos e propoñer solucións

O grupo socialista de Leiro propón celebrar un encontro entre partidos políticos, colectivos veciñais e culturais, empresarios e técnicos, para potenciar a Festa da Vendima, unha das celebracións máis lonxevas da provincia logo de sumar xa 29 edicións consecutivas. Segundo aprecian os socialistas, "nos últimos tempos, esta festa está a perder pulo ano tras ano pola pouca implicación de todos e todas", unha  situación que queren reverter reuníndose cos sectores implicados para analizar que está a fallar, propoñer melloras e devolverlle así o brillo e o éxito que merece este evento. O portavoz municipal do PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez, expón que o festexo deber ser máis potenciado a nivel publicitario, "para que toda Galicia coñeza unha proposta tan interesante, aumentar a súa duración con un día máis e sumar a novas adegas e colleiteiros". 

O concelleiro recoñece que "este ano, se non fora pola novidade da primeira mostra dos viños, que hai que recoñecer que estivo moi ben, a desfeita tería sido maior".

Te puede interesar