O PSOE insta ao alcalde a pedir un cribado do covid en Ribadavia

O PSdeG-PSOE de Ribadavia insta ao alcalde a que realice as xestións pertinentes e oportunas diante da Consellería de Sanidade para solicitar un cribado masivo e "urxente" no municipio que determine o alcance da pandemia. Ribadavia pasou a formar parte dos municipios con nivel máximo de alerta, despois reunión do comité sanitario que decide as restricións, tras un aumento de casos progresivos de contagio polo covid-19.

Os socialistas propoñen unha xuntanza nesta terceira onda do plan de emerxencia contra a covid para "buscar solucións e dispor de información para traballar por mellorar a situación".

Nese sentido, a concelleira do PSdeG-PSOE, Noelia Rodríguez, pídelle ao rexedor municipal, César Fernández, "seriedade ante unha situación sanitaria de vital importancia para o noso Concello" e considera que o rexedor "debe pórse canto antes a xestionar para evitar consecuencias peores".

Te puede interesar