politica

O PSOE insta a manter proxectos en Ribadavia

Os socialistas piden que se contemple no borrador dos orzamentos as partidas comprometidas para inversións na vila

O grupo municipal do PSOE esixirálle o novo grupo de goberno de Ribadavia que contemple no borrador dos orzamentos para 2020 as partidas comprometidas para inversións na vila. “Vamos poñer todo da nosa parte para cando menos, non poñer trabas para que se poidan aprobar os orzamentos”, sinalou o voceiro socialista, Ignacio Gómez.

Os socialistas ribadavienses agardan que "se plasmen neste borrador as subvencións que xa deixamos conqueridas, e ante as que só falta engadir o 20% de aportación, a fin de acadar as reformas no parque Robla, a praza das Banquetas, a rúa Corral, o proxecto de iluminación do Castelo ou parte do Plan Marco do ano anterior", apuntou.

Ignacio Gómez remata lanzando unha mensaxe o actual goberno. “Se eles cumpren as premisas que deixamos contempladas e algunha máis que sexa viable, facilitaremos a aprobación dos orzamentos polo ben de Ribadavia", concluiu.

Te puede interesar