Política

O PSOE de Leiro acusa ao alcalde de perder 80.000 euros

2020011100295849954
photo_camera Rúa Casanova, na localidade de Leiro.
O rexedor municipal asegura que non se perdeu a subvención da Deputación senón que se trasladou a este ano 2020

O PSOE de Leiro considera  "neglixencia" por parte do alcalde do PP de Leiro, Francisco José Fernández, "que non cumpriu cos prazos do convenio asinado entre Deputación de Ourense e Concello de Leiro para o arranxo e execución da obra de mellora da rúa Casanova". Os socialistas aseguran que ante os incumprimentos, perdeuse unha subvención de 80.000 euros que aportaba o ente provincial.

O convenio para o arranxo da rúa Casanova foi asinado o 22 de agosto de 2019 por Concello e Deputación, e no mesmo figuraba unha subvención provincial de 80.000 euros coa que o ente provincial se comprometía a financiar íntegramente a obra, tendo o Concello que pagar a redacción do proxecto. "A obra tiña que comezar a execución a finais de 2019, pero atopámonos que tras realizar unha pregunta formal a través do grupo provincial do PSOE na Deputación, a subvención para a realización do convenio perdeuse, xa que o alcalde non cumpriu co asinado”, explica Manuel Rodríguez, portavoz socialista en Leiro.

O  alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, matiza que non se perdeu a subvención, "únicamente se trasladou para o 2020 porque non diu tempo de tramitar as expropiacións".

Te puede interesar