O Ribeiro

O PSOE de Leiro denuncia o mal estado de varias rúas

O Ribeiro

QUEIXAS

O PSOE de Leiro denuncia o mal estado de varias rúas

O grupo socialista denuncia o mal estado da rúa Real e da rúa Prado e demanda unha actuación urxente ao alcalde

O grupo socialista de Leiro emitiu un comunicado no que denuncia o que consideron "intolerable" estado da intersección das rúas Prado e Leal. Explican que a rúa Real discorre pola ruta de sendeirismo que leva a Pena Corneira, unha das paraxes máis atractivas e con máis potencial turístico da provincia e que o seu estado supón un risco para os usuarios/as. 

Consideran que se deben tomar "medidas urxentes" para evitar o continuo afondamento na estrada e evitar unha "desgracia irreparable". Tamén falan do estado "de abandono" da rúa Prado que aseguran está "chea de buracos e baches que a fan, cada vez, máis intrasitable'. 

Más en O Ribeiro
Comentarios