O Ribeiro

O PSOE pide participar nas bases das axudas polo covid

O Ribeiro

O PSOE pide participar nas bases das axudas polo covid

Os socialistas de Leiro acaban de rexistrar un escrito no Concello ofrecendo a súa colaboración na confección das bases que regularán as axudas para protexer e dar soporte económico de forma directa ao sector hostaleiro, ás persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, pequenas empresas, pemes, aos viticultores, adegueiros e colleiteiros, entre outros, para minimizar o impacto do seu cese de actividade durante esta pandemia do covid-19.

Tamén recordan que "o noso grupo municipal en múltiples ocasións xa solicitou axudas para os diferentes colectivos que padeceron e padecen de unha forma directa o peche dos seus negocios, debido á crise sanitaria".

Por todo elo, conclúen os socialistas co "noso ofrecemento para axudar, colaborar e aportar as nosas ideas na confección das bases para os colectivos para o que o Concello de Leiro habilitou unha partida nos orzamentos deste 2021".

O goberno municipal do PP aprobou en días pasados o orzamento de este ano, que ascende a 1.005.000 euros, destinando unha partida de 15.200 euros ás axudas, unha cantidade que destacou o alcalde, Francisco José Fernández, e que se repartirá dacordo cunhas bases reguladoras.

Te puede interesar