MELLORAS

O PSOE reclama o arranxo dunha vía que vai desde Leiro a Berán

"O tramo segue sen ser asfaltado, co conseguinte risco para a circulación e para a integridade dos veciños da zona", sinala este grupo da oposición. 

O grupo socialista de Leiro reclama ao goberno municipal a xestión necesaria ante a Deputación para rematar a estrada OU-0307. Asegura que hai xa dous anos e medio que no lugar de A Agra, na estrada provincial OU-0307 que une Leiro e Berán, se procedeu a ampliación dunhas curvas nese tramo. A intervención consistiu en ampliar o radio das curvas e na colocación de sábrego como firme.

"O tramo segue sen ser asfaltado, co conseguinte risco para a circulación e para a integridade dos veciños da zona", sinala este grupo da oposción. 

Engade que hai tamén dous anos e medio que lle preguntaron ao alcalde de Leiro, en pleno, cando se ía proceder ao asfaltado destas perigosas curvas, ao que respostou que andaban en negociacións coa Deputación para facelo, pero que a día de hoxe seguen igual.

Te puede interesar