o ribeiro

O PSOE de Ribadavia reclama á Deputación as obras do campo do Xestal

As obras foron adxudicadas a mediados do pasado mes de marzo e tres meses despois "non hai nin rastro"

O PSdeG-PSOE de Ribadavia reclama ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar que impulse o comezo das obras de acondicionamento do campo de fútbol do Xestal, que a institución provincial adxudicou a mediados do pasado mes de marzo "e das que non hai nin rastro tres meses despois", segundo afirman os socialistas. 

O deputado provincial Ignacio Gómez sinala que "hai especial preocupación entre a veciñanza e os clubes deportivos da vila posto que, se non comezan de inmediato, os traballos non estarán rematados condo empece a nova tempada deportiva cando iso foi o que se acordou", advirte Gómez antes de recordar que "o cartel que anuncia a reforma foi instalado hai dúas semanas sen que se movese nin un só metro de terra, e a pesar de que obra foi adxudicada o 14 de marzo por 252.000 euros".

Te puede interesar