infraestruturas

O PSOE reclama o remate da estrada entre Berán e Leiro

O grupo socialista recorda que hai case un lustro que se procedeu á ampliación e mellora da estrada

O grupo socialista demanda, unha vez máis, á Deputación de Ourense o arranxo inmediato e definitivo da estrada de titularidade provincial OU-0307, que une Leiro e Berán, "logo de que o goberno de Manuel Baltar executase  unhas  obras co fin de correxir as deficiencias que presentaba, pero que deixou a medias, impedindo así un tránsito de vehículos en condicións óptimas de seguridade e confortabilidade".

O deputado do PSOE, Nacho Gómez, e o voceiro socialista no Concello de Leiro, Manuel Rodríguez, fixeron un percorrido por esta infraestrutura "para constatar novamente o seu absoluto desleixo  e o abandono reiterado", logo de  permanecer, según eles, "as obras a medio facer e nun perigoso estado durante os últimos anos". Os socialistas suliñan que "todo elo, a pesar dos constantes anuncios propagandísticos e visitas grandilocuentes do PP, tanto desde o Concello como desde a Deputación, sobre investimentos en Leiro e Berán, cando realmente nin se preocupan por ter  en condicións óptimas unha das súas principais estradas".

O PSOE recorda que hai case un lustro que se procedeu á ampliación e corrección dunhas curvas e á colocación de sábrego como firme, "e dende aquelas necesarias actuacións,o citado tramo da OU-0307 segue sen ser asfaltado e presenta fochancas e grandes irregularidades nas súas beiras".

Te puede interesar