O Ribeiro

O PSOE rexeita a tala das árbores nas obras de San Clodio

O Ribeiro

O PSOE rexeita a tala das árbores nas obras de San Clodio

O alcalde, Francisco José Fernández, sinala que eran acacias sen ningún valor e que non se podían trasplantar. "Había seis árbores e plantáronse 12", matiza

O PSdeG-PSOE de Leiro critica o non aproveitamento das árbores que foron sustituidas por outras especies nas obras de reforma da Praza de San Clodio. Os socialistas din que non entenden "a tala indiscriminada que o rexedor decidiu cometer nesta emblemática praza do municipio". 

Este grupo considera que esas árbores deberían ser trasplantadas a outro lugar, porque segundo apuntan estaban "totalmente sas, cheas de vida e podían reempregarse en calquera outro punto do municipio, en lugar de botalas ao lixo", segundo afirma o portavoz, Manuel Rodríguez, quen afirma estar a favor das obras pero en contra "deste ataque ao medio ambiente"

O alcalde, Francisco José Fernández, sinala que eran acacias sen ningún valor e que non se podían trasplantar. "Había seis árbores e plantáronse 12", matiza.

Más en O Ribeiro