SERVIZOS

O PSOE de Ribadavia esixe melloras no pavillón deportivo

Vista exterior do pavillón ribadaviense, nunha foto de arquivo.
photo_camera Vista exterior do pavillón ribadaviense, nunha foto de arquivo.
Os socialistas atribúense o incremento no número de usuarios

O PSdeG-PSOE levará ó próximo pleno do Concello de Ribadavia unha moción na que solicita ó grupo de goberno do Partido Popular que se realicen as actuacións pertinentes "para a adquisición de nova maquinaria deportiva para o ximnasio sito no pavillón municipal do Concello e que se acometan as reformas pertinentes con fondos do propio Concello e de xeito inmediato, dada a alta afluencia de usuarios que pasan a diario por estas instalacións deportivas e o aumento dos mesmos nos últimos anos". Así o explica este grupo nunha nota na que lembran que "o gran crecemento da práctica deportiva na vila nos últimos anos supuxo que se pasase de 600 usuarios no ximnasio a case chegar o millar o fin da última lexislatura", sinala o voceiro socialista Ignacio Gómez. 

Os socialistas atribúense o incremento no número de usuarios, motivado "pola aposta férrea e decidida que o goberno do PSdeG-PSOE fixo en Ribadavia, dotando de nova maquinaria o ximnasio e aumentando a oferta de clases deportivas no mesmo". 

José Ignacio Gómez di que a apostamos por unha nova empresa máis especializada en materia deportiva para xestionar as clases e adquirimos nova maquinaria coma unha cinta para correr, dous ergómetros para facer remos, 6 bicicletas estáticas para fitness e dúas bicicletas para exercicios aeróbicos".

O PSOE afirman que este traballo "non pode quedar no tinteiro" e esíxenlle ó novo grupo de goberno do PP que "se poña dunha vez a traballar por Ribadavia". 

Te puede interesar