Obras

Reforzo da seguridade vial na estrada de Avión

Obras de mellora na OU-212, no Concello de Avión.
photo_camera Obras de mellora na OU-212, no Concello de Avión.

Nestes días comezaron as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no Concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros.

Este proxecto contará cun prazo de execución estimado de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas, segundo indican os responsables da Administración autonómica que financia as obras.

A actuación consistirá na rehabilitación da capa de rodadura en dous treitos, un entre os puntos quilométricos 23,180 e 23,380 e outro entre os puntos 24,900 e 27,150. O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada mediante a extensión dunha capa de rodadura de cinco centímetros de espesor. Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical.

Con esta intervención mellorará a circulación de vehículos ao mesmo tempo que se reforza a seguridade. O Goberno galego afirma que continúa traballando na conservación das estradas autonómicas.

Te puede interesar