Remate das obras da estrada entre Maside 
e Valdepereira

photo_camera Gabriel Alén (MARCOS ATRIO)

A Deputación procede a asfaltar o último tramo do vial situado no termo municipal de Ribadavia

A Deputacion provincial está executando dende o pasado 28 de xullo as obras de mellora da estrada Valdepereira (Ribadavia)-Maside, que estará rematada a finais deste mes de agosto. La inversión ascende a 80.000 euros e os traballos consisten no asfaltado dos ultimos 1.000 metros no termo municipal de Ribadavia, complementando a inversion do ano 2013 no que se fixo a explanacion e supresion de curvas perigosas.

Esta obra da por finalizada unha vella reivindicacion dos veciños de Cenlle para mellorar o seu acceso a Ribadavia e a autovía A-52 . Para o alcalde de Cenlle , Gabriel Alén , supon "a finalizacion dun dos proxectos mais necesarios e polo que máis levo loitado dende o principio da lexislatura ao estar dito proxecto paralizado pola non disponibilidade de terreos , localizados no Concello de Ribadavia.

Os comuneiros de Santo André recurriran o novo trazado polo que se paralizaran as obras atra a súa resolución. Despois tamén entrou en proceso concursal a constructora, o que acumulou un novo retraso.

Te puede interesar