O Ribeiro

Renovación do préstamo da vendima para mercar a uva

O Ribeiro

Renovación do préstamo da vendima para mercar a uva

A Xunta de Galicia renovará neste ano 2021 o préstamo da vendima para garantir que as adegas poidan mercar toda a uva en condicións normais de mercado. 

Este instrumento púxose en marcha en 2020, diante das dificultades derivadas da pandemia pola covid-19, para financiar tamén o capital circulante destinado a cubrir os custos da uva de produción propia de cada adega.

O conselleiro de Medio Rural,  José González Vázquez, salientou ademais as posibilidades que ofrecerá a futura Lei de recuperación da terra agraria para facilitar superficie suficiente aos produtores interesados en dispoñer dela, tamén no sector vitivinícola.

Esta nova Lei está sendo agardada na Denominación de Orixe Ribeiro para facilitar a mobilidade das terras e facelas máis rendibles.