Os restaurantes de Ribadavia xa realizan reparto nos domicilios

 Un repartidor de comida a domicilio se desplaza en bicicleta por una calle de Madrid.
photo_camera Un repartidor de comida a domicilio.

Os bares e restaurantes de Ribadavia comezan a traballar coa aplicación da empresa Roombo, de reparto a domicilio para pequenas cidades, segundo informa a asociación Establecementos Asociados do Ribeiro.

Moitos dos locales decidiron sumarse a esta aplicación que ofrecerá servizo nun rango de 7 quilómetros dende o restaurante. Verín, Xinzo, Carballiño ou Ourense son algunhas das localizacións nas que Roombo opera dende hai tempo, xa que esta empresa verinense está presente en case unha vintena de cidades en toda a península.
A súa aplicación é de uso fácil e intuitivo, segundo sinalan os responsables da asociación, “onde inclúe os pratos dos conciñeiros dos restaurante de confianza de cada cliente. A app
está pensada para un uso de acotío e está dispoñible para iOs e Android”. 

No primeiro pedido, ofrece un desconto do 15% utilizando código “ribadavia”. Esta empresa naceu en plena pandemia no 2020, pensando nas necesidades dos pequenos establecementos das cidades e vilas de menor poboación para darlles un servizo alternativo. “A empresa defende as condicións laborais dos traballadores, contratando a todos os seus repartidores, así como as do resto de empregados”, matizan os responsables da asociación Establecementos Asociados do Ribeiro.

Te puede interesar